Polo San Martiño, trompos ao camiño!!!
Nesta data, como iamos esquecer o Magosto!!
REGA-UK anímavos a celebrar, desde o hoxe, luns 16 de novembro, a semana do Magosto desde as nosas redes con castañas, lume e música. Compartide connosco onde se poden mercar as mellores castañas ou trucos de como depenalas. Cocidas ou asadas?
E aos que vos guste xogar, saíde aos camiños e amosádenos como se bailan os trompos!
Desde REGA-UK convidámosvos a publicar un vídeo xogando cos trompos.
Todos os que participedes cun vídeo, ben de trompos, ben de castañas, entraredes a participar nun sorteo dun agasallo, REGA-lo neste caso.
Somos REGA-UK, Rede Galega no Reino Unido, un grupo formado por persoas e asociacións comprometidas coa nosa lingua e cultura dende o Reino Unido. Nacemos no ano 2018 e constituímonos legalmente no 2019. Se queres saber máis sobre nós ou seguirnos nas redes sociais, pódesnos atopar en Facebook, Twitter e mais YouTube.