Con libros, música e xente festeira celebramos o Día das Letras Galegas en Londres.
As primeiras 20 persoas en chegar ao Tooting Tram and Social tiveron un libro de regalo. E a mesa de intercambio estaba lista para facer trocos literarios.
Disfrutamos tamén co “Quiz das Letras”: 18 preguntas sobre cultura galega dentro e fóra. Botamos unha risas e o gañador levou unha torta de améndoa de premio.
Para a presentación sobre Luísa Villalta contamos coa presenza de Paula Moure Blanco (Centre for Galician Studies in Wales, Bangor University). Estámoslle eternamente agradecidas!
Un pouquiño despois tocou o sorteo: seis nenas moi espelidas axudáronnos a rifar os tres premios:
Libro de poesía reunida de Villalta, Pensar é escuro.
Empanada de atún caseira.
Botella de licor café
Para rematar, Xavi Castaña deleitounos cunha minipresentación sobre as foliadas e cantamos e bailamos con el.
Coma sempre, a festa foi posible grazas o apoio de voluntari@s que nos axudaron a preparar o local para a ocasión. Un millón de grazas!
18 de maio de 2024
17:00 a 21:00
Tooting Tram & Social, 46-48 Mitcham Rd, London SW17 9NA
Tooting Broadway – Northern Line