Día das Letras Galegas

📖 Día das Letras Galegas 2025 en Londres! ✨

O sábado 17 de maio celebramos a festa da poesía popular oral.

Xuntámonos no Claremont Project (Angel, N1 9PD), de 17:00 a 21:00, para homenaxear as mulleres que mantiveron viva a nosa cultura cantando e tocando en comunidade. Na súa honra  recreamos o espírito das polavilas, seráns e foliadas 🎶🌿

Un vídeo resume do como pasamos o Día das Letras Galegas 2025

Contamos coa colaboración das científicas Loreto Gestoso e Alba F. Sanlés, que prepararon unha mini-presentación sobre o proxecto Ciéncia-me un conto da Sociedad de Científicos Españoles en Reino Unido (CERU); o grupo de pandeireteiras de Oxford Panforreteiras e o grupo folclórico FaltrUKeiras. Por segundo ano consecutivo, a Señora Mandita (veciña de Portonovo) fixo unha aparición estelar para deleitarnos coa súa voz e experiencia sobre a tradición popular oral.

Como xa é habitual nos nosos actos, houbo sorteo de cousiñas lindas e moita troula.

Grazas a tod@s @s asistentes e voluntari@s que nos axudaron a montar festa e a disfrutala!!!

📆 𝗦á𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟭𝟳 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼
🕔 17:00 – 21:00
📍Claremont Project, 24-27 White Lion Street, London, N1 9PD
🎟️ Entrada socios e nen@s: De balde
🎟️ Entrada non-socios: £3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *