Letras Galegas 2023 e 5º aniversario de REGA-UK

O 20 de maio tomamos Tooting!

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid024p61ste4UM2o41pzGwMszSiaa2eNePn2m6D4a4bDRHTvP9GmgucRaNxDV6pibUh1l&id=100066886174779

Un cento de almas celebramos as Letras Galegas mailo 5º aniversario de REGA-UK en Londres con libros e música:

👉 as pandeireteiras Son da Illa abriron a festa no que tamén era o seu aniversario (debutaron nas Letras 2020 de REGA-UK)

👉 o gitarrista Iago Banet presentou o seu álbum TRES e deixou abraiados aos que aínda non o coñecían coa súa habilidade para tocar a muiñeira con cordas. Por algo lle chaman o “Galician king of accoustic guitar”.

👉 a banda de gaitas e grupo de danza FaltrUKeiras emocionounos coa actuación estelar da señora Mandita e deu paso a unha foliada para lembrar!!! Viñan de ser cabeza de cartel no festival de folk Rochester Sweeps e en xuño volverán ao festival folk de St Albans.

Durante máis de catro horas (oops, pasámonos do toque de queda -sorry and thank you, Tooting Tram & Social!!!) celebramos o ano de Francisco Fernández del Riego, un dos promotores do Día das Letras Galegas. Animamos a xente a traer libros en galego para trocar con outros asistentes: foi o “III Intercambio de libros de REGA-UK” 📚

Como en toda boa festa, houbo rifa: sorteamos libros, un disco de Iago Banet e unha caixa de cervexa. Foi todo un éxito!!!

Aproveitamos o día do 5º aniversario REGA-UK para lanzarmos a nova campaña de membresía: £12 ao ano para poder seguir a regar a lingua e cultura galegas por outros cinco anos e moitos máis! Xunt@s podemos facer medrar a nosa comunidade e seguir compartindo a riqueza do noso patrimonio cultural no Reino Unido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *