Entroido 2024: sábado 2 de marzo

Queda menos dun mes para a gran festa do #EntroidoenLondres!
The Galician Carnival is taking @balhambowls

📆 SÁBADO 2 de MARZO
⏰ 17:00 – 21:00
📍 Balham Bowls Club, 7-9 Ramsden Rd, Londres, SW12 8QX
🚇 Balham (Northern Line)

🎫 𝐆𝐫𝐚𝐭𝐢𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐨𝐜𝐢@𝐬 𝐝𝐞 𝐑𝐄𝐆𝐀-𝐔𝐊 𝐞 𝐧𝐞𝐧@𝐬
🎫 £𝟑 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐨𝐜𝐢@𝐬

As estrelas do evento serán 𝗼 𝗙𝗘𝗟𝗢 𝗲 𝗼 𝗖𝗜𝗚𝗔𝗥𝗥𝗢́𝗡 que traeremos de terrás ourensás para que nos falen da tradición do Entroido e dos folións!!

E toda a xente que veña disfrazada!!! Haberá 𝗣𝗥𝗘𝗠𝗜𝗢𝗦 en tres categorías:

🦸‍♀️INDIVIDUAL
👯‍♂️PARELLA ou GRUPO
🧝‍♂️INFANTIL

Aquí vai o programa:

17:00 – 17:30 – Apertura de portas e saúdo
17:30 – 18:30 – 𝗙𝗼𝗹𝗶𝗮𝗱𝗮
18:30 – 19:30 – Presentación “O Entroido en Ourense + Obradoiro de Folión” por 𝗖𝗜𝗚𝗔𝗥𝗥𝗢́𝗡 𝗲 𝗙𝗘𝗟𝗢 en vivo e en directo
19:30 – 20:00 – Concurso de disfraces: 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗺𝗲𝘁𝗮́𝗹𝗶𝗰𝗼.
20:00 – 21:00 – 𝗗𝗝 𝗖𝗮𝘃𝗲𝗶𝗿𝗶𝗻𝗵𝗮

@s máis cativ@s deben retirarse ás 21:00, e para @s maiores a festa na parte de abaixo do pub ata a media noite.

Se podes, confirma que vas vir en Facebook 👉🏿 https://fb.me/e/3qfK8tfQA

A entrada será de balde para soci@s de REGA-UK e menores de 16 anos. Para non soci@s, a entrada costará £3, a pagar na entrada (en efectivo ou con tarxeta).

Esperamos verte co teu disfrace! 🎭🥳

#entroido2024 #enregate #felo #cigarrón #foliada #galegosenlondres #galegosenUK #galiciancarnival #folkmusic #folkdance #djcaveirinha

📢📢📢 SAVE THE DATE 🎉🗓️

3 pensamentos sobre “Entroido 2024: sábado 2 de marzo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *