Entroido 2024: caroutas, orellas e xastré

O Entroido de REGA-UK tomou Londres en plena Coresma (sábado 2 de marzo).

Grazas a toda a xente (disfrazada e sen disfrazar) que se uniu á festa no Balham Bowls Club e a@s voluntari@s que nos axudaron a montala.

As estrelas do evento foron 𝗼 𝗙𝗘𝗟𝗢 𝗲 𝗼 𝗖𝗜𝗚𝗔𝗥𝗥ó𝗡 traídas de terrás ourensás. Carmen e Antía faláronnos das “Figuras do Entroido de Maceda, Verín e Laza”.

Antes da súa presentación, montamos foliada e despois bailamos coa espléndida DJ Caveirinha a ritmo de rock bravú, pop, punk e electrónica.

Polo medio, concurso de disfraces (con £200 de premios) e rifa de libro, mandil e licor xastré. Non faltaron as orellas deliciosas da marabillosa Fina (sold out even before the DJ session!).

Foi unha festaza!

📆 SÁBADO 2 de MARZO
⏰ 17:00 – 21:00
📍 Balham Bowls Club, 7-9 Ramsden Rd, Londres, SW12 8QX
🚇 Balham (Northern Line)

🎫 𝐆𝐫𝐚𝐭𝐢𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐨𝐜𝐢@𝐬 𝐝𝐞 𝐑𝐄𝐆𝐀-𝐔𝐊 𝐞 𝐧𝐞𝐧@𝐬
🎫 £𝟑 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐨𝐜𝐢@𝐬

𝗣𝗥𝗘𝗠𝗜𝗢𝗦 en tres categorías:

🦸‍♀️INDIVIDUAL
👯‍♂️PARELLA ou GRUPO
🧝‍♂️INFANTIL

Aquí vai o programa:

17:00 – 17:30 – Apertura de portas e saúdo
17:30 – 18:30 – 𝗙𝗼𝗹𝗶𝗮𝗱𝗮
18:30 – 19:30 – Presentación do 𝗖𝗜𝗚𝗔𝗥𝗥ó𝗡 𝗲 𝗙𝗘𝗟𝗢 en vivo e en directo
19:30 – 20:00 – Concurso de disfraces: 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗺𝗲𝘁𝗮́𝗹𝗶𝗰𝗼.
20:00 – 21:00 – 𝗗𝗝 𝗖𝗮𝘃𝗲𝗶𝗿𝗶𝗻𝗵𝗮

Kids’ curfew: 21:00

Viva o Entroido!!!

3 pensamentos sobre “Entroido 2024: caroutas, orellas e xastré”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *