REGA-UK deulle a benvida ao outono en Londres!
O sábado 22 de novembro xuntámonos no Claremont Project (Angel) para celebrar a Festa do Magosto 2025 ![]()
![]()
A chuvia mailas incidencias na estación de metro de Angel estiveron na nosa contra, pero, aínda así, as case 50 persoas que nos reunimos no Claremont Project montamos unha festa rachada.
Abrimos as portas con DJ Caveirinha, que pinchou rock bravú, punk e reggae: música galega dende os anos 80 ata a actualidade. Trouxo tamén a súa pandeireta para unirse ás Panforreteiras e ao grupo FaltrUKeiras e montar foliada ![]()
![]()
A cativada desfrutou dunha zona creativa chea de manualidades inspiradas no outono e axudoulle tamén a Carlos Barros (a metade de MiMadriña) no tradicional sorteo de REGA-UK. Houbo sorpresas (poxa de disco de Julio Iglesias) e moita emoción!!!
Na cantina tivemos o delicioso flan de castañas da Fina ![]()
A mesa de intercambio de libros tivos máis exemplares do normal, grazas á doazón do Departamento de Galego do Instituto Cañada Blanch ![]()
DJ Caveirinha volveu á mesa de mezclas para a fin de festa
![]()
![]()
Mil grazas a soci@s, non-soci@s e voluntari@s que celebrastes e axudastes a montar e desmontar a festa 🩵

24 White Lion St, London N1 9PD
Metro: Angel (parada máis próxima)
17:00 – 21:00 h
Entrada de balde para soci@s e menores de 16 anos
£3 para non soci@s

