A fin (oficial) do inverno celebrámolo coa Foliada de primavera en Angel (Londres) o sábado 22 de marzo.
Ao acabar a última clase do 9º trimestre (T9), fomos para o primeiro piso do pub Islington Townhouse, a carón do Chapel Market e o centro comercial de Angel.
Bebemos, comemos e foliamos (nesa orde). Houbo pandeiretas, cunchas, castañolas, paos cubanos e moita parola. Só nos faltaron as gaitas!





