𝐉ᴜʟɪᴀ | 𝐃ᴏᴄᴜᴍᴇɴᴛᴀʟ | 𝐆ᴀʟɪᴄɪᴀ | 𝟐𝟎𝟐𝟐 | 𝟕𝟏ᴍ
Julia, o documental dirixido por Jacobo Lagüela Castro, proxectouse en The Queen’s College, Oxford University o xoves 9 de maio, en colaboración co John Rutherford Centre for Galician Studies (aka Galego en Oxford) e REGA-UK.
Hai case unha década, Jacobo (galego residente en Bristol) decidiu filmar a súa avoa, Julia, como unha excusa para pasar tempo con ela. Durante oito anos gravouna facendo a súa vida normal para que o seu xeito de vida e as súas reflexións sobre o pasado, o presente e o futuro do rural galego quedasen documentados.
Julia emociononounos, fíxonos rir e reflexionar sobre as contradicións de querer estudar os fillos e ao mesmo tempo lamentarse do abandono do rural por parte das xeracións que viñeron detrás.
Jacobo estivo acompañado por Magdiel Junquera, tradutor (tamén galego e residente en Bristol) e encargado dos subtítulos do documental. Xuntos participaron no coloquio posterior á proxección.
𝐉ᴜʟɪᴀ | 𝐃ᴏᴄᴜᴍᴇɴᴛᴀʟ | 𝐆ᴀʟɪᴄɪᴀ | 𝟐𝟎𝟐𝟐 | 𝟕𝟏ᴍ
6 Candidaturas nos 38º Premios Goya
8 Candidaturas nos XXI Premios Mestre Mateo