O vindeiro domingo 17 de novembro ven quentar as mans e o corazón con castañas da terra e fellow galegos do Reino Unido no magosto que imos organizar . Haberá música, foliada, comida e moitas ganas de pasalo ben.
Tedes toda a info no cartel pero por se acaso, velaquí os detalles:
- Domingo 17 novembro | 13-18 h
- St John’s Hill Centre
- Clapham Estate | St John’s Hill
- London – SW11 1TY
- Estación: Clapham Junction
- Entrada: £5 | Socios REGA: £3 | Menores 16 anos, entrada de balde
Na entrada están incluídas as castañas e ademais, haberá comida e bebida (de pago, iso si)
Por favor, se podedes, confirmade asistencia ao magosto no evento de Facebook. Ah, e moitas grazas á Asociación A Caramiña, Floristería Liken e Transportes Galicia pola súa colaboración.
Save the date!