
Tira cómica cedida e deseñada polo grande Luis Davila: http://obichero.blogspot.com/
Como di o refrán “Polo San Martiño, trompos ao camiño” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”.
Chegou a hora, regueir@s, de facer gala do voso mellor trompo.
Son tempos difíciles, lonxe d@s nos@s e cos voos cancelados. O nivel de morriña comeza a dispararse. En REGA-UK temos a solución: se enviades un vídeo bailando o trompo ás redes de REGA-UK entraredes no sorteo de: o kit antimorriña, por xentileza de COMEGALICIA.
https://comegalicia.com/
E xa sabedes, tamén entraredes no sorteo compartindo connosco onde se poden mercar as mellores castañas ou trucos de como depenalas. Cocidas ou asadas? Sempre en vídeo nas nosas redes, por favor.
Prazo límite ata o vindeiro Venres 20 de Novembro.
Contando as horas para desfrutar convosco deste Magosto!
#MagostoConREGA #EnregateConnosco #castañas #lume #asadasoucocidas #chesnuts #magosto2020 #tromposaocamiño