🎉 Festa do Magosto en Londres! 🎉
Arredor de 100 persoas celebraron a Festa do Magosto con REGA-UK o sábado 23 de novembro no pub The Antelope de Tooting Broadway (Londres). Non puidemos ter castañas asadas, pero tivemos diversión e boa música.
🎤 Actuación en directo: A perla do magosto foi o debut mundial de Valeu, un trío de música tradicional nacido en Compostela arredor das historias e a amizade de tres amigas migrantes. Formado por Cami, Iria e Xavi, Valeu simboliza é a lembranza do verán, a alegría que une e a música que nunca as abandona.
🎨 Zona de entretemento para cativ@s:
@s máis pequen@s tiveron o seu! Habilitaremos unha zona de manualidades para que se mergullasen no outono. Xogaron, pintar a cara e levar onun anaquiño do magosto para a casa.
🃏 Campionato de Escoba:
Para a xente con ganas de competir, organizamos o II Campionato de Escoba. Das 20 persoas que se apuntaron, gañou Fina e levou unha baralla de regalo.
🎟️ Sorteo de rifas con grandes premios:
A rifa de REGA-UK é xa tradición! A equipa do podcasts MiMadriña axudáronnos a sortear os premios. Dous discos de Xisco Feijóo asinados por el, unha botella de licor de herbas e outras sorpresas!
🍮 Sabor de outono:
Por limitacións loxísticas, este ano non tivemos castañas asadas, pero houbo flan de castañas para manter o sabor do magosto. Ademais, o pub ofreceu pratos variados na súa carta [The Antelope non nos permite vender a nosa propia comida, fixeron unha excepción co flan de castañas].
📚 Intercambio de libros:
Unha mesa para intercambiar libros en galego, como levamos facendo en todos os eventos dende maio de 2022.
🎉 Foliada para rematar:
Pechamos a festa con foliada.
A entrada foi de balde para soci@s de REGA-UK e menores de 16 anos. Non soci@s pagaron £5.
Se che interesa facerte soci@, aquí podes ver como funciona a nosa membresía.
🗓️ Data: Sábado, 23 de novembro
⏰ Hora: Das 17h ás 21h
📍 Lugar: The Antelope Pub, 76 Mitcham Road, SW17 9NG (Metro máis próximo: Tooting Broadway)