Participación de REGA-UK no 2º Maratón de Galeguidades. Por segundo ano consecutivo, participamos neste evento de televisión por internet organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Deputación da Coruña o 24 de xullo do 2025.
Máis de 11 horas conectando a Galicia territorial coas Galicias exteriores na véspera do día grande. Desta volta fíxose por episodios temáticos. REGA-UK interviñemos no penúltimo: ‘Cultura e arte’, conducido por Sole Felloza (artista e xestora cultural) e coa compañía de Breogán Xague (artista galego afincado en Suecia), Arianna Savio (coordenadora de Cultura da Hermandad Gallega de Caracas) e Melissa Caramés Asorey (coordenadora das clases de baile e pandeireta de REGA-UK). Entre os catro falamos dos xeitos de conectármonos a través da cultura e comprometémonos a facer un banco de datos para compartir información entre artistas dentro e fóra de Galicia.
Na nosa canle de Youtube podes ver a media hora do episocio “Cultura e arte”, presentado pola brasileira Thayane Gaspar Jorge (profesora de galego na Escola Cívico-Militar Carioca de Río de Xaneiro) e rematado polo Daniel González Palau (director do IGADI).
Na canle de IGADI tes disponible o Maratón íntegro:

