Masterclass de baile e pandeireta

Comezamos 2026 cantando, tocando e bailando ao estilo de Santa Comba. Cami P. Senande e Chechu Riquelme estiveron con nós o sábado 10 de xaneiro e aprendéronnos cántigas e puntos de xota e muiñeira recollidos en San Salvador de Padreiro.

Un resumo visual da masterclass

Na foto faltan un par de persoas que tiveron que liscar antes de que rematase a sesión. O feedback que recibimos d@s asistentes foi moi positivo e anímanos a seguir organizando actividades coma esta. Watch this space!

Chechu Riquelme iniciou a sesión presentándonos a Concepción Moure, a informante da que recolleron a xota maila muiñeira que aprendemos de Cami e os puntos que Chechu nos demostrou cara ao final da masterclass. O seguinte vídeo é unha das intervencións de Concepcion (92 anos) no documental sobre a mina de Varilongo (Santa Comba) na que traballou de nena, coma moit@s outr@s vecinos da zona.

Tanto na sesión de canto e pandeireta coma na de baile, Cami e Chechu destacaron a importancia de coidar do corpo cando cantamos, tocamos e bailamos. Houbo xogos de estiramento e técnicas de canto para non lesionarse e disfrutar aínda máis da música e do baile tradicionais.

Un momento da sesión de canto e pandeireta con Cami P. Senande
Momento da sesión de baile con Chechu Riquelme

📢 Masterclass de baile e pandeireta con Cami P. Senande e Chechu Riquelme📢

📆 10/01/26
🕑 14 – 18hr
📍Claremont Project, 24-27 White Lion Street, London, N1 9PD

CAMILA PÉREZ SENANDE criouse entre gaitas e mate na quinta provincia galega. É bailadora, cantareira e gaiteira. Profesionalmente estudou xestión cultural e toda a vida foi parte da colectividade galega en Buenos Aires. Formouse en canto tradicional con Analía Espinosa na Sociedad parroquial de Vedra e tomou cursos con Xela Conde e Xisco Feijoo. No ano 2021 emigrou a Galicia e formou parte de A Requinta da Laxeira. Dende que chegou a Compostela participou en múltiples foliadas e actualmente é parte do grupo de cantareiras Son de Ferreñas da aldea natal da súa familia.

CHECHU RIQUELME (Buenos Aires, 1992) é bailarina e docente arxentino-española formada en danza  clásica, contemporánea, flamenco e folclore. Dende o 2016 reside en Galicia, onde centra o seu traballo na invesigación do baile tradicional galego e o seu diálogo coa danza contemporánea. Integra o grupo principal da ACF O Fiadeiro, participa en proxecos e concertos vencellados ao folclore galego e exerce como bailadora e mestra en diversas asociacións culturais e formativas. Tamén forma parte do grupo de pandeireteiras Suán.

Para calquera consulta, contactade con REGA-UK por privado ou por email: redegalegauk@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *