O Café das Letras

O sábado 14 de maio celebramos o día de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) cunha tertulia literaria. Falamos da súa obra e fixemos tamén un intercambio de libros entre os 30+ asistentes. Todos levaron para a casa un agasallo literario grazas ás editioriais editoriais galegas que doaron obras para a ocasión.

E vendemos café, té e doces caseiros.

Kalandraka, Edicións Positivas, Tulipa Editora, Editorial Galaxia, Aira e a Mesa pola Normalización Lingüística aportaron libros para podermos celebrar o Día das Letras Galegas en Londres.

Regalamos e sorteamos libros novos e animamos aos asistentes a traer algún usado da casa para intercambiar. A iniciativa foi un éxito e deulle a REGA-UK razóns para organizar máis intercambios literarios coma este.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *