Obradoiro Galicia Latente

A Rede Galega no Reino Unido (REGA-UK) e o proxecto “Galicia latente” organizamos un obradoiro sobre a cultura galega contemporánea, en colaboración co Instituto Cervantes, o sábado 28 de setembro en Londres.

O obradoiro “A Galicia do presente” reuniu a 35 emigrantes (33 galeg@s, 1 sevillana e 1 escocés) que, guiados por Eduardo de Martís, valoraron a cultura e a identidade galega contemporánea e falaron dos retos e das oportunidades dende a perspectiva da diáspora galega no Reino Unido.

A base deste proxecto de valorización é o estudo-libro “Galicia latente”* de Eduardo de Martís, que recompila 233 fotografías de diversas realidades do latexar de Galicia feitas en 146 concellos entre os anos 2020 e 2023. Dende marzo de 2024 Eduardo leva feito 18 obradoiros por Galicia e o de Londres é o primeiro no estranxeiro. Inagura unha nova etapa co obxectivo de desenvolver as conexións interculturais que brinda a cultura galeg ano ámbito internacional.


O obradoiro durou algo máis de tres (de 12:00 a 15:00) e tivo a mesma estrutura dos encontros que “Galicia latente” organizara antes en Galicia:

  1. Presentación sobre o acontecer e dimensión de cultura galega do presente recollida no
    estudo-libro Galicia latente (Eduardo de Martís).
  2. Proxección do documental homónimo.
  3. Coloquio sobre os retos e oportunidades da cultura galega no exterior.
  4. Votación de valores

*Agantro (Asociación Galega de Antropoloxía), o Museo do Pobo Galego, Paideia Galiza
Fundación e o Consello Galego de Museos colaboraron na publicación do estudo-libro Galicia
latente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *