OPEN DAY de baile e pandeireta – 16 de setembro 2023

Temos o pracer de invitarte á xornada de portas abertas de baile e pandeireta que REGA-UK celebrará en Londres (Angel, N1) o sábado 16 de setembro entre as 12:00 e as 13:00 no Upper Hall do Claremont Project Islington


Durante unha hora poderás cantar, tocar e/ou bailar, preguntar o que che pete sobre as clases ou simplemente tomar un café con Xavi Castaña* e algunh@s d@s alumn@s que levan disfrutando das aulas dende abril de 2022. 
Acabada a hora, quedaremos pola zona para tomar o vermú ou ir de picnic (dependendo da situación meterolóxica).

Con este open day darase por inaugurado o 5º trimestre das aulas de REGA-UK, que comeza oficialmente o sábado 30 de setembro. A novidade deste curso é que nos dividimos en 2 grupos de pandeireta para adaptarnos aos diferentes niveis d@s alumn@s: iniciación e avanzado. 

11:00 – 12:00: Pandeireta nivel avanzado
12:00 – 13:00: Baile (tod@s)
13:00 – 14:00: Pandeireta nivel iniciación

Hai 6 sesións programadas, todas en sábado:
30 de setembro
14 de outubro
28 de outubro
11 de novembro
25 de novembro
9 de decembro 

prezo do trimestre completo é £90, a pagar por adiantado na nova conta de REGA-UK (Rede Galega UK Community Interest Company):

The Co-operative Bank 
Name: REDE GALEGA UK CIC
Sort code: 089299 
Account number: 67292165 
*SOBRE O PROFE
Xavi Castaña é o noso profesor de canto e baile. Xavi aprendeu primeiro da súa avoa e despois das señoras, e algún que outro señor, que coñeceu durante os cinco anos nos que recolleu baile e cantigas por Galicia, especialmente polo sur das provincias de Ourense e Pontevedra. Estudou Etnomusicoloxía na Universidade Nova de Lisboa (UNL) e en Londres é profesor de música nun colexio de educación especial.

SOBRE O SITIO
A xornada de portas abertas será no mesmo local no que facemos as clases:
📍Upper Hall de Claremont Project
24-27 White Lion Street, London, N1 9PD
É nun primeiro piso con ascensor (que as máis das veces non funciona).
🚇Angel (4 minutos a pé)
🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé) 
🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)
🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *