Romaría de Hyde Park

O sábado 6 de xullo volvémonos xuntar en Hyde Park para celebrar o Día de Galicia (antes de que a maioría da xente comezara a marchar de vacacións).

Un ano máis a chuvia fixo que foramos máis adultos ca xente miúda… pero disfrutamos coma cativ@s!!! 🎉 🎉

🍳 Concurso de tortillas: este ano as tortillas a competición (cinco foron) tiñan todas cebola. O gañador, Rubén, levou un mandil de premio (“Para comer sempre hai xente”, di o mandil).

🃏 Campionato de escoba: apuntáronse oito persoas a xogar. Rubén e Melissa chegaron á final e levou ela o premio (unha baralla galega para seguir xogando).

💃🕺 Xavi Castaña púxonos en formación para un Baile-xogo de fiadeiro: “Pon aquí o teu peciño, oh marí / rin tin tin ao pé do meu”. Un exipcio curioso uniuse ao baile e acabou facéndose amigo de REGA-UK (nas redes)!

🎁 Sorteamos un vale de £100 para o restaurante Laxeiro, que leva xa 42 anos cociñando para o East End londiniense: Marta, a gañadora, non daba crédito (seica nunca nada lle tocara!).

E rematamos con foliada: unhas bailando e outras (Paula e Xavi) tocando, como ten que ser!

Grazas a tod@s @s que viñestes a Hyde Park celebrar o Día de Galicia con nós!

📅 Sábado 6 de xullo

🕑 De 14h a 18h

📍 Cavalry Memorial, Hyde Park, Londres

🚾 The Bandstand Toilets

🚇 Hyde Park Corner

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *