Imos de romaría!

Vas estar por Londres ou na contorna o sábado 27 de xullo? Daquela vén celebrar connosco o Día da Patria Galega cunha romaría en Hyde Park!

Continuando cunha tradición que comezaron os Galegos Morriñentos, xuntarémonos preto da Estatua de Aquiles (Hyde Park Corner, W1J 7NT) a partir das 13.30 horas e quedaremos ata que o corpo aguante.

Dende REGA-UK animámosvos a que veñades participar da festa. Haberá foliada e xogos populares. Traede a vosa comida e bebida e achegádevos cantar, tocar ou bailar unhas pezas!

Agardámosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *