Como xa é tradición, celebramos o Día da Matria por adiantado e en sábado: este ano foi o 12 de xullo.














O punto de encontro é o 𝗖𝗔𝗩𝗔𝗟𝗥𝗬 𝗠𝗘𝗠𝗢𝗥𝗜𝗔𝗟 de Hyde Park:

𝗖𝗼𝗺𝗼 𝘀𝗲 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮? En metro, a estación máis próxima é 𝗛𝘆𝗱𝗲 𝗣𝗮𝗿𝗸 𝗖𝗼𝗿𝗻𝗲𝗿 (Piccadilly Line). Saíde da estación pola 𝗘𝗫𝗜𝗧 𝟭, que ten escaleiras e tamén rampla para acceder á rúa:


Marcadas en roxo están a estación mailo punto de encontro.
Programación do día:
14:00 Comezo do evento
15:00 Hora límite para presentarse ao: Concurso de Tortillas ![]()
& Campionato de Escoba ![]()
15:15 Comezo do Campionato de Escoba
16:15 (ou cando remate a última partida): Entrega do premio do Campionato de Escoba & Entrega do premio á mellor tortilla
16:30 Sorteo ![]()
17:00 Xogos populares & foliada ![]()
18:00 Peche do evento
III CONCURSO DE TORTILLAS [Edición 2025]
Se che presta cociñar, podes compartir o teu talento culinario no 𝗜𝗜𝗜 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗧𝗢𝗥𝗧𝗜𝗟𝗟𝗔𝗦 [Edición 2025] ![]()
![]()
![]()
Ata as 15:00 (3 da tarde) para presentar a túa tortilla
Valoraranse:
• Sabor ![]()
• Presentación ![]()
• Orixinalidade ![]()
E si, haberá premio para a tortilla gañadora!
Non fai falla inscrición previa: podes presentar a túa creación o mesmo día… e que comecen as valoracións!
III CAMPIONATO DE ESCOBA [Edición 2025]
Sacamos a mesa da taberna á herba do parque! Nós poñemos as barallas!
Prepárate para contar rápido ata 15 e cantar “Escoba!” coma se fose un gol no minuto 90 ![]()
![]()
Inscrición no día ata as 15:00
Premio para o gañador ou gañadora!
Non deixes o teu espírito competitivo na casa: vén participar no campionato e loita pola vitoria!

