A chuvia non puido con nós! Obrigounos a levar a romaría ao palco da música de Hyde Park, e alí, a cuberto, fixemos un piquenique e foliada marabillosos.
Mil grazas a tod@s @s que compartistes comida, bebida e risas coa Rede Galega UK.
Houbo cinco competidoras no I Concurso de Tortillas de REGA-UK: tres con cebola e dúas sen ela. A gañadora foi a tortilla de Javier: sen cebola e con ovos da casa (traídos dende Ordes!!!! ex professo para esta competición). Valeulle a pena: a tortilla, pouco feita ao estilo de Betanzos, mereceu unha caixa de cervexa Estrella Galicia.
A outra caixa rifouse e tocoulle a María, unha das nosas queridas socias.
Por mor do cambio de ubicación de último minuto, compartimos palco cun grupo de afeccionados á música latina que nos amenizou a velada ao máis puro estilo sesión vermú e cos que intercambiamos pasos de baile: agora muiñeira, agora bachata.
Foi unha foliada ben cosmopolita.
Vémonos en Hyde Park de hoxe nun ano!!
📆 sábado 8 de xullo
🕑 14:00 – 18:00
📍 Estatua de Aquiles + Palco da música (Bandstand)
🚇Hyde Park Corner
🚾 asesos máis próximos: Bandstand Toilets
O programa de actividades incluíu o seguinte:
🎭FACE PAINTING a partir das 14:30.
🥚CONCURSO DE TORTILLAS. 15:00 é a hora límite para entrar no concurso. Anuncio do resultado ás 15:30. PREMIO: unha caixa de Estrella Galicia‼️🍻
🎊RIFA: unha caixa de Estrella Galicia ➕ unha camiseta do RC Celta (talla infantil).
👨👨👦👦👩👩👧👧👨👩👦👨👩👧XOGOS para toda a familia
📙INTERCAMBIO DE LIBROS
🎶OBRADOIRO de baile e pandeireta ➕FOLIADA