Segundo trimestre de baile e pandeireta

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Chegou setembro e con el as clases de baile e pandeireta de REGA-UK en Londres. Para este trimestre temos reservadas 6 sesións no Claremont Project á hora habitual, de 11:00 a 13:00, os seguintes sábados: 17 de setembro, 1 e 15 de outubro, 5 e 19 de novembro e 3 de decembro.

Xavi Castaña seguirá dirixindo as sesións de música e baile cun toque etnográfico. Neste segundo trimestre levaranos pola comarca do Ribeiro: con cantos de arrieiro e bailes que son sempre en roda.

O prezo tamén segue sendo o mesmo: £15 por sesión, que cobren o aluguer do local (£5) maila tarifa do profesor (£10).

📍O local é o Upper Hall de Claremont Project:

24-27 White Lion Street

London

N1 9PD

🚇Angel (4 minutos a pé)

🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)

🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)

🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

A nosa conta bancaria: Rede Galega UK Community Interest Company

Sort Code: 30-90-99

Account No.: 30695760

Reference: BAILE + Nome e Apelido

Para calquera consulta, contactade con REGA-UK por privado ou por email en redegalegauk@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *