Sesión vermú tradi (18-O)

O sábado 18 de outubro tivemos unha sesión vermú con acento arxentino. A pintora, bailarina e cantareira Rocío Carbia enredou unhas horas en Londres para conectarmos diásporas.

Coma o resto das sesións vermús, foi unha sesión gratuíta, aberta a tod@s. Ofrecemos un espazo céntrico (o 2º piso da taberna) para practicar toque, canto e baile tradicional, ou simplemente estar de parola. Ademais de falar, cantar e bailar entre nós, puidemos ver unha ver unha pequena mostra da produción artística de Rocío Carbia: postais, cadernos e bolsas que a galego-arxentina puxo á venda durante a sesión.

📅 Sábado 18 de outubro

📍Islington Townhouse, 13 Liverpool Rd, London N1 0RW

🕛 12:00 a 16:00

Sesión vermú 18-O

Grazas por vir vermutear con REGA-UK!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *