Sesión vermú tradi (20-S)

Comeza o ano académico e, en vez de clases, ofrecemos prácticas!

📅 Sábados 20 setembro e 18 de outubro

🕛 12:00 a 17:00

📍 Islington Townhouse, 13 Liverpool Rd, London N1 0RW

O sábado 20 de setembro inauguramos as Sesións Vermú Tradi (London Galician Sessions): unha xuntanta para tocar, cantar e bailar á galega en Londres. Reservamos o 2º piso do pub Islington Townhouse de Angel para practicar o que aprendemos durante os últimos tres anos co marabilloso Xavi Castaña.

Fomos 17 (contando os 3 marcharon antes da foto de grupo e o que fixo de fotógrafo): ex-alumnas de Londres e Oxford, socios que sempre viñan ás sesións vermú posteriores ás clases, pandeireteir@s que nos apoian en eventos durante o ano e unha nova simpatizante que se animou a cantar e tocar por primeira vez.

Son sesións abertas a todo quisque que queira pasalo ben e calquera instrumento que se queira tocar. Queremos manter viva a enerxía tradi en London e seguir tecendo a rede galega no UK. A intención é xuntarmonos un sábado ao mes: de momento temos reservas o 20 de setembro e o 18 de outubro.

📅 Sábado 20 setembro e 18 de outubro

🕛 12:00 a 17:00

📍 Islington Townhouse, 13 Liverpool Rd, London N1 0RW

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *