3º trimestre de baile e pandeireta: Bergantiños

De xaneiro a marzo quedamos abraiad@s co ritmo acelerado da terra de Bergantiños. Xavi Castaña estanos levando por Limiñoa, Cambre, Malpica… e explicando que alí á xota chámanlle maneo e a muiñeira tócase punteada ou empuñada.

https://www.instagram.com/p/ConS-AijBCg/
https://www.instagram.com/p/Cnbfp7-h0YO/ https://www.instagram.com/p/Cnbh9gkMYS7/

Para este trimestre reservamos 6 sesións no Claremont Project á hora habitual (de 11:00 a 13:00) os seguintes sábados: 17 de xaneiro, 4 e 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo.

E desta volta ofrecemos unha sesión de proba a £7 para @s que queiran ver de que vai o conto… e, se lles gusta, reservar o resto das clases. Son £15 por clase, a pagar en bloque e por adiantado.

📍O local é o Upper Hall de Claremont Project:

24-27 White Lion Street

London

N1 9PD

🚇Angel (4 minutos a pé)

🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)

🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)

🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *