6º trimestre de PANDEIRETA + BAILE: Ancares

O 13 de xaneiro retomamos as CLASES de PANDEIRETA + BAILE no barrio londiniense de Angel. Temos xente nova que se animou a probar e moitas caras xa coñecidas que asisten dende que comezou o proxecto hai case dous anos.

As datas deste 6º TRIMESTRE (T6) son:

📆 13 de xaneiro

📆 27 de xaneiro

📆 17 de febreiro

📆 24 de febreiro

📆 9 de marzo

📆 23 de marzo

A boa acollida das clases obrigounos a aumentar as sesións de pandeireta e dividir a xente en dous grupos: nivel iniciación e nivel avanzado. A sesión de baile é nun único grupo.

A duración da clase é de dúas horas (unha de pandeireta + unha de baile).

Ás 12:00 – Pandeireta (nivel avanzado)

Ás 13:00 – Baile (tod@s xunt@s)

Ás 14:00 – Pandeireta (nivel iniciación)

Xavi Castaña é o profesor de pandeireta e baile. Xavi aprendeu primeiro da súa avoa e despois das señoras, e algún que outro señor, que coñeceu durante os cinco anos nos que recolleu baile e cantigas por Galicia, especialmente polo sur das provincias de Ourense e Pontevedra. Estudou Etnomusicoloxía na Universidade Nova de Lisboa (UNL) e en Londres traballou como profesor de música nun colexio de educación especial.

INET-MD (Instituto de Etnomusicologia e Centro de estudos de Música e Danza) que pertence á Universidade Nova de Lisboa (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas), e ten un centro no Porto (ESE-IPP, Escola Superior de Educação no Instituto Politécnico do Porto).

Seguimos no mesmo local:

📍 Upper Hall de Claremont Project:

24-27 White Lion Street

London

N1 9PD

Ofrecemos unha sesión de proba por £7 se é a primeira vez que vés ás clases de REGA-UK. Se che gusta, ofrecemos dúas opcións:

  1. Matrícula para o resto do trimestre: £15 por sesión a pagar por adiantado
  2. Clases soltas: £20 por sesión

A nosa conta (Rede Galega UK Community Interest Company):

The Co-operative Bank

Sort code: 089299

Account number: 67292165

E se as clases non son o teu, sempre nos queda a sesión vermú que facemos despois da clase.

🚇Angel (4 minutos a pé)

🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)

🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)

🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

Para calquera consulta, o noso email: redegalegauk@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *