7º trimestre de pandeireta e baile

Despois da Semana Santa retornaron as CLASES de PANDEIRETA + BAILE de REGA-UK.

Xavi Castaña escolleu material da zona de Ourense para o 7º termo, que irá de abril a xuño (dous sábados ao mes):

📆 13 de abril

📆 27 de abril

📆 4 de maio

📆 25 de maio

📆 8 de xuño

📆 22 de xuño

Continuamos coa estrutura e horarios do trimestre anterior: dous grupos de pandeireta (nivel iniciación e nivel avanzado) e un único grupo de baile. A sesión dura dúas horas: unha de pandeireta e outra de baile.

12h – Pandeireta (avanzado)

13h – Baile

14h – Pandeireta (iniciación)

[Se estás en pandeireta avanzado, comezas ás 12h e acabas ás 14h (e dalí, se che presta, vas directa á sesión vermú*); se estás en iniciación, comezas con baile ás 13h e acabas con pandeireta ás 15h (e dalí, se che presta, á sesión vermú)]

Os prezos tamén seguen sendo os mesmos (datos bancarios ao final deste artigo**):

Trimestre completo: £90

Clase solta: £20

Sesión de proba: £7

Seguimos en Angel (distancias a metro, tren e buses ao final deste artigo***):

📍Upper Hall de Claremont Project:

24-27 White Lion Street

London

N1 9PD

*E se o teu non son clases, pero tes ganas de xuntarte, tomar algo e cantar/bailar ao aire libre, achégate á sesión vermú (totally free!): ao outro lado da rúa, no pub The Three Johns (N1 9PF). Soemos estar na terraza ata as 17h,

**The Co-operative Bank 

Sort code: 089299 Account number: 67292165

Titular: Rede Galega UK Community Interest Company

***Transporte:

🚇Angel (4 minutos a pé)

🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)

🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)

🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

Para calquera consulta, contacta con REGA-UK por correo electrónico: redegalegauk@gmail.com

As datas desta e doutras actividades e eventos están dispoñibles no noso calendario web:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *