Fomos 24 persoas as que seguimos a Xesús Fraga polas rúas de South Kensington (Londres) o Día do Libro, domingo 23 de abril de 2023 👉 https://www.facebook.com/reel/250842877428552
O escritor levounos por lugares emblemáticos da súa novela máis recente, VIRTUDES (e misterios), distinguida co Premio Nacional de Narrativa 2021.
📍Punto de partida: Estación de metro de EARL’S COURT (SAÍDA SUR, Warwick Rd, SW5 9SY)
📍Punto de chegada: ROUND POND (Kensington Gardens, W8 4PR)
🚶Distancia: 5 quilómetros
⌚Duración: 4 horas (aínda que pensamos que serían 3)
Foi un privilexio pasear con Xesús e escoitar anécdotas e reflexións sobre fragmentos da novela que leu para nós. Estivemos ás portas do hospital onde naceu, da igrexa na que se bautizou, do seu último domicilio. E, para rematar, saíu o sol en Kensington Gardens.