Bea Lopez

Memorias e marcos: celebrando cinco anos de cultura galega con REGA-UK

Dende que abrimos as nosas portas en 2018, levamos tecendo unha rede de cultura galega no Reino Unido e no 2023, celebramos con ledicia cinco anos de emocionantes experiencias e eventos! Gustaríamos compartir convosco a nosa ‘Memoria de Actividades’. Está dispoñible neste enlace: https://shorturl.at/bgMR2. Esta memoria… Ler máis »Memorias e marcos: celebrando cinco anos de cultura galega con REGA-UK

magosto online

Semana do Magosto 2020

Durante a semana do 16 ao 22 de novembro de 2020 fomos buscar castañas, contamos contos, gozamos dunha regueifa, xogamos aos trompos e fixemos unha queimada. E todo isto sempre acompañad@s de boa música.

CORONAVIRUS EN UK – Lockdown coa diáspora galega: David Mostafa

Neste episodio, David Mostafa, socio de REGA-UK, que traballa como condutor de autobús en Haverhill -no condado de Suffolk, preto de Cambridge-, cóntanos os riscos e os medos aos que se enfrontan traballando os traballadores esenciais.

CORONAVIRUS EN UK – Lockdown coa diáspora galega: Noelia Cacheiro

Neste episodio, cóntanos o seu lockdown a ourensá Noelia Cacheiro, profesora de Tradución na Universidade de Newcastle, ex-xogadora e actual adestradora do seu equipo de baloncesto e autora do libro «Excusas», no que reflicte e reflexiona sobre a realidade do mundo deportivo profesional feminino.