Melissa Carames Asorey

Entroido 2026

O sábado 7 de febreiro xuntámonos para celebrar o Entroido en Londres ! A gañadora do premio ao mellor disfrace foi María Llanderas coa súa Mary Poppins de Angel, inspirada en Soledad (a Poppins de Sar creada por Yoseba MP). A xente aceptou o reto… Ler máis »Entroido 2026

Festa do Magosto 2025

 REGA-UK deulle a benvida ao outono en Londres! O sábado 22 de novembro xuntámonos no Claremont Project (Angel) para celebrar a Festa do Magosto 2025  A chuvia mailas incidencias na estación de metro de Angel estiveron na nosa contra, pero, aínda así, as case 50… Ler máis »Festa do Magosto 2025

Sesión vermú tradi (18-O)

O sábado 18 de outubro tivemos unha sesión vermú con acento arxentino. A pintora, bailarina e cantareira Rocío Carbia enredou unhas horas en Londres para conectarmos diásporas. Coma o resto das sesións vermús, foi unha sesión gratuíta, aberta a tod@s. Ofrecemos un espazo céntrico (o… Ler máis »Sesión vermú tradi (18-O)

Sesión vermú tradi (20-S)

Comeza o ano académico e, en vez de clases, ofrecemos prácticas! Sábados 20 setembro e 18 de outubro 12:00 a 17:00 Islington Townhouse, 13 Liverpool Rd, London N1 0RW O sábado 20 de setembro inauguramos as Sesións Vermú Tradi (London Galician Sessions): unha xuntanta para… Ler máis »Sesión vermú tradi (20-S)

Romaría do Día de Galicia 2025

Como xa é tradición, celebramos o Día da Matria por adiantado e en sábado: este ano foi o 12 de xullo. O punto de encontro é o 𝗖𝗔𝗩𝗔𝗟𝗥𝗬 𝗠𝗘𝗠𝗢𝗥𝗜𝗔𝗟 de Hyde Park: 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝘀𝗲 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮? En metro, a estación máis próxima é 𝗛𝘆𝗱𝗲 𝗣𝗮𝗿𝗸 𝗖𝗼𝗿𝗻𝗲𝗿… Ler máis »Romaría do Día de Galicia 2025

San Xoán de Oxford

As Panforreteiras volveron convocar a galeg@s e non galeg@s en Port Meadow (Wolvercote, Oxford) para celebrar o San Xoán. A sétima edición foi unha festa rachada, as usual!

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas 2025 en Londres! O sábado 17 de maio celebramos a festa da poesía popular oral. Xuntámonos no Claremont Project (Angel, N1 9PD), de 17:00 a 21:00, para homenaxear as mulleres que mantiveron viva a nosa cultura cantando e tocando en comunidade. Na… Ler máis »Día das Letras Galegas