Como estamos a vivir os galegos este estado de alarma? Os galegos caracterizámonos por esa intensa melancolía, síntoma de apego do noso, da nosa terra e da nosa xente, que sempre denominamos comunmente como morriña. Por iso, quizais vivir esta realidade fora, antóllasenos un tanto especial. Coma galegos residentes no Reino Unido, interésanos como estades a vivir este estado de alarma.
Nesta serie ‘Lockdown coa diáspora galega’, producida por REGA-UK, falamos con compañeiros da diáspora sobre como están a pasar estas semanas de confinamento polo coronavirus