O sábado 21 de xaneiro tomamos café coa escritora Eva Moreda e falamos de literatura, música e emigración. Vídeo resumo do ben que o pasamos:
https://www.instagram.com/p/CntmfIRBhmA/
Eva Moreda, galega residente en Glasgow, falou do seu proceso creativo, do que a inspira e vendeu varias das súas novelas A Veiga é como un tempo distinto (2010), Organoloxía (2010), Para toda a vida (2020), Rapazas de Polar (2021) , e o ensaio con Serxio Cobos O infinito no pé.
E tamén sortearemos algún deles durante o encontro.
Eva (A Veiga, 1981) é profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow, onde se mudou despois de vivir varios anos en Londres. Dúas das súa novelas están ambientadas nesta cidade.
Mesa de intercambio de libros: coma na primeira edición do Café das Letras de REGA-UK, animamos aos asistentes a traer libros en galego para intercambiar entre el@s.
Café, té e doces: vendemos tamén bebidas quentes e algo doce para picar.
Post-encontro: para @s que quixeron seguir falando despois das 13h, fixemos sesión vermú, xantar e foliada no pub da esquina.
O local é o Upper Hall de Claremont Project:
24-27 White Lion Street
London
N1 9PD
Angel (4 minutos a pé)
King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)
Highbury and Islington (20 minutos a pé)
Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476