4º trimestre de baile e pandeireta: Allariz-Maceda e A Limia

Regresamos da Pascua con moitas ganas de volver coller a pandeireta e botarlle unha baila. Xavi Castaña lévanos á súa terra: as comarcas de Allariz-Maceda e A Limia.

Seis sábados desde finais de abril a principios de xullo: de 11h a 13h e con sesión vermú posterior no The Three Johns.

📆 22 de abril

📆 13 de maio

📆 27 de maio

📆 10 de xuño

📆 24 de xuño

📆 8 de xullo

Son £90 (£60 para a clase e £30 para o aluguer) polo trimestre completo.

Se nunca colliches unha pandeireta ou non sabes se o tacón-punta-tacón é o teu, podes asistir a unha clase de proba por £7 (só cubre o aluguer). E se che gusta e queres asistir ao resto do trimestre, terías que pagar £15 por cada unha das sesións restantes (en bloque e por adiantado: por exemplo, se queres vir ás 3 últimas clases terías que pagar £45).

📍O local é o Upper Hall de Claremont Project:

24-27 White Lion Street

London

N1 9PD

🚇Angel (4 minutos a pé)

🚇King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)

🚇Highbury and Islington (20 minutos a pé)

🚍Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *