Prepara o teu disfrace!

O vindeiro sábado 8 de febreiro imos celebrar o Entroido en Londres con moito sabor galego. Organízao a Rede Galega en UK, REGA-UK, e conta coa colaboración de Galegos morriñentos en Londres, Producións Dispersas e Galego en Londres.

Vai ser un evento para todos os públicos, aberto a grandes e cativos que veñan con ganas de pasalo ben e, por suposto, disfrazados 😉 Ides poder gozar co espectáculo ‘Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)’ do actor Diego Freire e coa música das pandeireteiras de ‘Son da illa’. Contade tamén con bailar e cantar na foliada e, para rematar, entrega de premios aos mellores disfraces.

A festa vai ser no Yaa Centre [1 Chippenham Mews, London W9 2AN] de 14 a 20 horas. As entradas son limitadas e inclúen unha tapa e unha bebida. O prezo é de £12 se se mercan con antelación ou de £15 na porta. Os menores de 16 anos entran de balde, sempre que vaian acompañados por un adulto. E os socios de REGA-UK terán orellas gratuítas!

Xa se poden adquirir as entradas anticipadas mediante transferencia bancaria:
• Titular da conta: REGA-UK
• Sort Code: 30-90-99
• Número de conta: 30695760
• Payee Reference: ENTROIDO-APELIDOS

Non esquezas o disfrace! Esperámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *