Que marabilla foi xuntarse para comer castañas asadas, espantar malos espíritos con queimada e bailar no Magosto + Foliada de REGA-UK!
A entrada foi gratuíta e incluía unha ración de castañas, queimada e un mini-obradoiro de baile con Xavi Castaña. Aprendemos a bailar maneo (xota bailada na zona da Costa da Morte e Bergantiños); concretamente, practicamos puntos recollidos na parroquia de Anxeriz no Concello de Carballo.
Antes, durante e despois da clase vendemos empanadas e tortilla caseiras mais Estrella Galicia, licor café caseiro (made in London) e viño. E, por suposto, tamén houbo after-party.
no Sports Pavilion de UCS, Hocroft Rd, London, NW2 2BN.
Aparcamento gratuíto no recinto.
Cricklewood (Thameslink) – a 10 minutos.
Kilburn (Jubilee) – a 18 minutos.
West Hamsptead (Overground) – a 18 minutos.
Buses: 13, 113, 139, 245, 260, 460.