XA ESTAMOS DE VOLTA!
En setembro retomamos as clases de baile e pandeireta de REGA-UK en Londres. Para este trimestre reservamos 6 sesións no Claremont Project á hora habitual, de 11:00 a 13:00 os seguintes sábados: 17 de setembro, 1 e 15 de outubro, 5 e 19 de novembro e 3 de decembro.
Xavi Castaña dirixiu as sesións de música e baile cun toque etnográfico. Neste segundo trimestre levounos pola comarca do Ribeiro: con cantos de arrieiro e bailes que son sempre en roda.
O prezo tamén segue sendo o mesmo: £15 por sesión, que cobren o aluguer do local maila tarifa do profesor.
O local é o Upper Hall de Claremont Project:
24-27 White Lion Street
London
N1 9PD
Angel (4 minutos a pé)
King’s Cross St Pancras (13 minutos a pé)
Highbury and Islington (20 minutos a pé)
Buses 4, 19, 30, 38, 43, 56, 73, 205, 214, 341, 394, 476
Para calquera consulta, contactade con REGA-UK por privado ou por email en redegalegauk@gmail.com