Tour de Oxford

O sábado 20 de abril percorremos os lugares máis emblemáticos de Oxford grazas a Digna Martínez, galega residente nesta cidade inglesa. As prazas esgotáranse xa un par de días antes.

Ás 11:30 comezou o paseo ás portas do Christ Church War Memorial Garden e dende alí pasamos por colleges, capelas e a maxestosa Bodleian Library.

Despois do tour fomos ao pub White House para falar, xantar, cantar, tocar e seguir a festa.

Grazas mil a Digna e ás Oxford Pandeireteiras – Panforreteiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *