Actividades

Encontro con Marilar Aleixandre

O sábado 17 de xuño encontrámonos con Marilar Aleixandre para falar da súa novela “As malas mulleres”, Premio Nacional de Narrativa 2022 e Premio Blanco Amor 2020. A poeta, escritora, profesora e académica sorprendeunos falando tamén de ciencias (foi profesora de Bioloxía no ensino secundario… Ler máis »Encontro con Marilar Aleixandre

Letras Galegas 2023 e 5º aniversario de REGA-UK

O 20 de maio tomamos Tooting! https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid024p61ste4UM2o41pzGwMszSiaa2eNePn2m6D4a4bDRHTvP9GmgucRaNxDV6pibUh1l&id=100066886174779 https://www.instagram.com/stories/highlights/17956324376411085/ Un cento de almas celebramos as Letras Galegas mailo 5º aniversario de REGA-UK en Londres con libros e música: as pandeireteiras Son da Illa abriron a festa no que tamén era o seu aniversario (debutaron nas Letras… Ler máis »Letras Galegas 2023 e 5º aniversario de REGA-UK

Roteiro con Xesús Fraga polo Londres de “VIRTUDES (e misterios)”

Fomos 24 persoas as que seguimos a Xesús Fraga polas rúas de South Kensington (Londres) o Día do Libro, domingo 23 de abril de 2023 👉 https://www.facebook.com/reel/250842877428552 O escritor levounos por lugares emblemáticos da súa novela máis recente, VIRTUDES (e misterios), distinguida co Premio Nacional… Ler máis »Roteiro con Xesús Fraga polo Londres de “VIRTUDES (e misterios)”

Terceiro trimestre de baile e pandeireta

De xaneiro a marzo quedamos abraiad@s co ritmo acelerado da terra de Bergantiños. Xavi Castaña estanos levando por Limiñoa, Cambre, Malpica… e explicando que alí á xota chámanlle maneo e a muiñeira tócase punteada ou empuñada. https://www.instagram.com/p/ConS-AijBCg/ https://www.instagram.com/p/Cnbfp7-h0YO/ https://www.instagram.com/p/Cnbh9gkMYS7/ Para este trimestre reservamos 6 sesións… Ler máis »Terceiro trimestre de baile e pandeireta

Encontros con REGA-UK: Eva Moreda

O sábado 21 de xaneiro tomamos café coa escritora Eva Moreda e falamos de literatura, música e emigración. Vídeo resumo do ben que o pasamos: https://www.instagram.com/p/CntmfIRBhmA/ Eva Moreda, galega residente en Glasgow, falou do seu proceso creativo, do que a inspira e vendeu varias das súas novelas A… Ler máis »Encontros con REGA-UK: Eva Moreda

Magosto + Foliada 2022

Que marabilla foi xuntarse para comer castañas asadas, espantar malos espíritos con queimada e bailar no Magosto + Foliada de REGA-UK! View this post on Instagram A post shared by REGA-UK (@regauk) A entrada foi gratuíta e incluía unha ración de castañas, queimada e un… Ler máis »Magosto + Foliada 2022

O Café das Letras

O sábado 14 de maio celebramos o día de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) cunha tertulia literaria. Falamos da súa obra e fixemos tamén un intercambio de libros entre os 30+ asistentes. Todos levaron para a casa un agasallo literario grazas ás editioriais editoriais galegas que… Ler máis »O Café das Letras

Troula volve xogar en Londres

Despois de máis de dous anos sen reunirse, o playgroup Troula volveu xuntarse gracias ao apoio de REGA-UK. Son un feixe de familias galego-falantes que queren darlle a oportunidade aos cativos para que xogen, aprendan e socialicen en galego. Mentres os pais están de leria… Ler máis »Troula volve xogar en Londres